miércoles, 24 de abril de 2013

Deside, a pintura sen tempo

Na sala de exposicións do Café Moderno visitamos e coñecimos a obra do pintor galego Deside.






A súa obra é practicamente descoñecida en Galicia e, non obstante, trátase do máis auténtico informalismo que mestura poesía, equilibrio, esgazadura e alma.


Ramón Deside, Marín (Pontevedra) 1935


As obras de Deside son intemporais porque non falan dun momento concreto, senón da propia alma do artista, non son obras que se cingan a unha moda pasaxeira, senón que, máis ben, responden ao compromiso do seu autor coa arte.






Paisaxes e bodegóns dentro dunha estética complexa cunha influencia fundamental da abstracción. Deside é un artista autodidacta que residiu longo tempo en Cataluña, onde recibiu unha importante influencia de artistas non figurativos.





É un dos pintores máis puros do informalismo en cuxos cadros o brutal e o anxélico son inseparable. Pintura sen ningunha referencia ao concreto, de pura mancha ata elevacións e saíntes nos cadros. Pintura de berro e alegría. Reprimenda e lírica a un tempo. Son ideas feitas cor nas que todos os tons son posibles e nos que o negro adoita ser o dono e señor do resultado. Cultivador do que se chegou a chamar o expresionismo abstracto.




sábado, 9 de febrero de 2013

Recreamos ... "A noite estrelada"


Neste curso os alumnos e alumnas de 5º  sentímonos 
especialmente atraidos pola maxia que desprende
 a famosa "Noite Estrelada" de Van Gogh.

Dela gústanos ...
... a cálida luz da lúa e das estrelas, os rotundos trazos,
as formas, as cores, a música, ...
... e a festa !!! 

Todos xuntos gozamos coa pequena recreación 
desta fermosa obra de arte.

Viva o Entroido e que empece a música !!!




"A noite estrelada"

A noite estrelada, estrelada
Estamos todo o tempo, mirando as estrelas,
e tamén un ciprés, que non se move apenas,
por Deus que se mova, qué se mova algo!
As estrelas, amarelas.

Ven a disfrutar,
coa noite estrelada no MOMA podes soñar,
con este cadro tan fermoso a arte valorar,
preciosas pinceladas nos trasladan ata Arlés,
pobo francés.

As estrelas son amarelas no ceo azul, no ceo azul (bis)
¡Quero ver ese gran cadro de Van Gogh!

A noite estrelada, estrelada
A noite estrelada, estrelada
A noite estrelada…
Ehhhh ven ó MOMA,
A noite estrelada
Ehhhh ven ó MOMA.

Paseo por New York, con ruidos de cidade,
e me atopo de frente a Estatua da Liberdade,
estou en Manhattan, cos seus rañaceos,
case chegan ata o ceo!

Chego a Central Park,
fermoso sitio onde ti podes imaxinar,
vexo ó Empire State, me impresiona, logo vou a ver
cadros importantes que emocionan como os de Dalí,
Mondrián tamén.

As estrelas son amarelas no ceo azul, no ceo azul (bis)
¡Quero ver ese gran cadro de Van Gogh!

A noite estrelada, estrelada
A noite estrelada, estrelada
A noite estrelada…
Ehhhh ven ó MOMA,
A noite estrelada
Ehhhh ven ó MOMA.





Os nosos carteis do Entroido



E o ganador é ...



Noraboa, Iria !!!