domingo, 22 de diciembre de 2013

Unha mañá chea de ARTE

     









     O día 12 de decembro os nenos e nenas de Sexto fomos á Sala de Exposicións do Centro Social Novacaixagalicia, en Vigo. Alí  mostráronnos obras de pintores galegos como Maruxa Mallo, Luis Seoane, Lugrís, Leopoldo Nóvoa, Castelao e moitos máis. Os cadros eran todos moi diferentes: retratos e paisaxes de diferentes épocas e estilos (cubistas, abstractos, impresionistas, realistas, surrealistas, ... )

      Cando chegamos  propuxéronnos un xogo que consistía en facer grupos e a cada grupo lle tocaban un par de cadros, tíñamos que dicir as semellanzas e as diferencias entre os dous e tamén o que nos transmitían ese par de cadros. Foi unha actividade  moi interesante e divertida.

      Despois todos os grupos presentamos o que fixemos diante dos nosos compañeiros e compañeiras. Todos o fixemos xenial e aprendimos moitas cousas uns dos outros compartindo os nosos traballos feitos despois de observar e analizar con moitísimo interés os cadros que nos asiñaron a cada grupo.

       Saímos de alí e fomos para a Praza Compostela que está  moi cerquiña do museo. Xogamos coas pombas e coas gaivotas, estivemos merendando e sacando fotos ao entorno e as árbores que ainda lucían as cálidas cores do Outono.

        E xa para rematar deixámosvos co vídeo do que foi …

"Unha mañá chea de arte"




domingo, 20 de octubre de 2013

A PUBLICIDADE ... con Diego Santomé




     O pasado venres veu ao colexio Diego Santomé a falarnos da PUBLICIDADE . Ensinounos como se fai un anuncio publicitario, explicounos moi ben todos os pasos que hai que seguir e moitos aspectos que hai que ter en conta para conseguir que o noso anuncio cumpla o seu propósito: chegar ao público.


Grazas, Diego !!! 




sábado, 19 de octubre de 2013

Xa estamos en Sexto !!!

     Xa estamos en Sexto con novas e interesantísimas expectativas, con novos proxectos e moitísimas experiencias que compartir.
     Empezamos xa a percorrer o noso camiño ... e agora temos que facer unha pequenísima pausa porque ...



... IMOS A PUBLICIDADE



miércoles, 19 de junio de 2013

ESTRELAS E RAÑACEOS

Unha vez máis, neste curso, disfrutamos coa nosa recreación da "Noite Estrelada". Viaxamos ata New York e, con entusiasmo e moita imaxinación, paseamos polas rúas da cidade ata chegar ao MoMA.






Atraídos pola luz, as cores, as estrelas, a lúa,  o ciprés, ... démoslle vida á famosa "Noite Estrelada" de Van Gogh.






Algúns pais fixeron vídeos da nosa actuación. Podedes velos nos seguintes enlaces:












jueves, 2 de mayo de 2013

Arte, historia, artistas e ... natureza !!!




O martes, 23 de abril, saímos das aulas rumbo a Pontevedra. 
A nosa primeira visita foi á Facultade de Belas Artes. Alí coñecimos as instalacións e puidemos ver como traballaban os futuros artistas. Utilizan todo tipo de materiais: plásticos, madeira, metal, pedra.... Foron moi amables con nós, tanto os profes como os alumnos/as, que nos foron ensinando as obras que estaban a realizar neses momentos e explicáronnos que materiais, máquinas e ferramentas utilizaban para a creación das súas obras.








Camiñando polo casco vello e monumental de Pontevedra atopamos a escultura de Valle- Inclán, que está na praza de Méndez Núñez, e alí retratámonos xunto a el antes de seguir o noso camiño ata o Museo.







Pronto chegamos a un dos edificios do Museo de Pontevedra chamado Sexto Edificio.
Alí vimos unha exposición temporal feita polos profesores da Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Tamén vimos unha exposición permanente sobre Castelao.

Na exposición dos profesores da Facultade de Belas Artes vimos obras que expresaban distintas cousas como: unha mesa boca abaixo, un vídeo de xente en chamas escapando do inferno, dous espellos feitos con adhesivos vermellos, unha mesa de “póker” transformada nun bosque......

Das obras de Castelao gustóunos moito un mural dividido en tres partes  e  dixéronnos que Castelao o fixera para o Balneario de Mondariz, tamén vimos as caretas que fixo para unha obra de teatro e por último, algunhas das súas pertenzas.







E chegou o momento da comida. Alí no parque da Seca de Poio puidemos disfrutar dunha bonita paixase e dun encontro coa natureza. Tamén había un parque con columpios e un campo de fútbol. Xa os podedes imaxinar o ben que o pasamos.







O nosa última visita, pola tarde, foi ao Mosteiro de Poio
Un encontro coa historia e a cultura. 


miércoles, 24 de abril de 2013

Deside, a pintura sen tempo

Na sala de exposicións do Café Moderno visitamos e coñecimos a obra do pintor galego Deside.






A súa obra é practicamente descoñecida en Galicia e, non obstante, trátase do máis auténtico informalismo que mestura poesía, equilibrio, esgazadura e alma.


Ramón Deside, Marín (Pontevedra) 1935


As obras de Deside son intemporais porque non falan dun momento concreto, senón da propia alma do artista, non son obras que se cingan a unha moda pasaxeira, senón que, máis ben, responden ao compromiso do seu autor coa arte.






Paisaxes e bodegóns dentro dunha estética complexa cunha influencia fundamental da abstracción. Deside é un artista autodidacta que residiu longo tempo en Cataluña, onde recibiu unha importante influencia de artistas non figurativos.





É un dos pintores máis puros do informalismo en cuxos cadros o brutal e o anxélico son inseparable. Pintura sen ningunha referencia ao concreto, de pura mancha ata elevacións e saíntes nos cadros. Pintura de berro e alegría. Reprimenda e lírica a un tempo. Son ideas feitas cor nas que todos os tons son posibles e nos que o negro adoita ser o dono e señor do resultado. Cultivador do que se chegou a chamar o expresionismo abstracto.




sábado, 9 de febrero de 2013

Recreamos ... "A noite estrelada"


Neste curso os alumnos e alumnas de 5º  sentímonos 
especialmente atraidos pola maxia que desprende
 a famosa "Noite Estrelada" de Van Gogh.

Dela gústanos ...
... a cálida luz da lúa e das estrelas, os rotundos trazos,
as formas, as cores, a música, ...
... e a festa !!! 

Todos xuntos gozamos coa pequena recreación 
desta fermosa obra de arte.

Viva o Entroido e que empece a música !!!




"A noite estrelada"

A noite estrelada, estrelada
Estamos todo o tempo, mirando as estrelas,
e tamén un ciprés, que non se move apenas,
por Deus que se mova, qué se mova algo!
As estrelas, amarelas.

Ven a disfrutar,
coa noite estrelada no MOMA podes soñar,
con este cadro tan fermoso a arte valorar,
preciosas pinceladas nos trasladan ata Arlés,
pobo francés.

As estrelas son amarelas no ceo azul, no ceo azul (bis)
¡Quero ver ese gran cadro de Van Gogh!

A noite estrelada, estrelada
A noite estrelada, estrelada
A noite estrelada…
Ehhhh ven ó MOMA,
A noite estrelada
Ehhhh ven ó MOMA.

Paseo por New York, con ruidos de cidade,
e me atopo de frente a Estatua da Liberdade,
estou en Manhattan, cos seus rañaceos,
case chegan ata o ceo!

Chego a Central Park,
fermoso sitio onde ti podes imaxinar,
vexo ó Empire State, me impresiona, logo vou a ver
cadros importantes que emocionan como os de Dalí,
Mondrián tamén.

As estrelas son amarelas no ceo azul, no ceo azul (bis)
¡Quero ver ese gran cadro de Van Gogh!

A noite estrelada, estrelada
A noite estrelada, estrelada
A noite estrelada…
Ehhhh ven ó MOMA,
A noite estrelada
Ehhhh ven ó MOMA.





Os nosos carteis do Entroido



E o ganador é ...



Noraboa, Iria !!!