domingo, 5 de enero de 2014

Canto de Reis de Aríns

     Fai algunhas décadas existía en Galicia a tradición de cantar Os Reis porta por porta.Grupos de mozos e mozas acompañados dunha gaita e algunhas pandeiretas alegraban ós seus veciños cantando cancións que aludían á chegada dos Magos. A cambio recibían o aguinaldo, consistente en doces e larpeiradas que logo degustaban todos xuntos.


-



CANTO DE REIS DE ARÍNS (Santiago)

Empezando a caminar
tirando para Belén
íbache a Virgen María
falando con San José

Falando con San José
encontraron un portal
alí metéronse dentro
pa poderse abrigar

Pa poderse abrigar
adentro daquela cuadra
naceu o Neno Jesús
nunha manchiña de pallas

Nunha manchiña de pallas
estuvo ata o outro día
ó ve-lo Neno Jesús
alégrabase María

Alégrabase María
e viñeron os pastores
trouxéronlle un par de queixos
e un ramiño de frores

Alégrabase María 
coa súa tranquilidá
mandou chama-los camellos
pa poderse trasladar

Pa poderse trasladar
de Belén cara Egipto
por eso aquí chegamos
sen haber outro peligro

Sen haber outro peligro
e damo-la despedida
moitas gracias ó patrón
que por moitos anos viva

____________________________________________________

Nadal 2013