lunes, 3 de marzo de 2014

Entroido 2014 - "Esencia galega"









Comunidade galega
terra na que eu nacín;
crise grande, rúas soas
pero beleza sen fin.

Mil paisaxes naturais,
fauna e vexetación.
Ríos que se fan amigos,
montes de gran corazón.

Plantas que nacen un día
outras que van a morrer,
non te preocupes querida
non van desaparecer.

Coa paixón da alma nos ollos
levántome cada día
e eses bosques tan fermosos
gozarei con alegría.

Galiza da miña vida
no meu corazón estás.
Querida nai natureza:
¿que riquezas non terás?

Falemos a nosa lingua
que é unha lingua moi fermosa,
nas cidades, nas aldeas...

¡O GALEGO, LINGUA NOSA!
















No hay comentarios:

Publicar un comentario