Fai algunhas décadas existía en Galicia a tradición de cantar Os Reis porta por porta.Grupos de mozos e mozas acompañados dunha gaita e algunhas pandeiretas alegraban ós seus veciños cantando cancións que aludían á chegada dos Magos. A cambio recibían o aguinaldo, consistente en doces e larpeiradas que logo degustaban todos xuntos.
O día 12 de decembro os nenos e nenas de Sexto fomos á Sala de Exposicións do Centro Social Novacaixagalicia, en Vigo. Alí mostráronnos obras de pintores galegos como Maruxa Mallo, Luis Seoane, Lugrís, Leopoldo Nóvoa, Castelao e moitos máis. Os cadros eran todos moi diferentes: retratos e paisaxes de diferentes épocas e estilos (cubistas, abstractos, impresionistas, realistas, surrealistas, ... )
Cando chegamos propuxéronnos un xogo que consistía en facer grupos e a cada grupo lle tocaban un par de cadros, tíñamos que dicir as semellanzas e as diferencias entre os dous e tamén o que nos transmitían ese par de cadros. Foi unha actividade moi interesante e divertida.
Despois todos os grupos presentamos o que fixemos diante dos nosos compañeiros e compañeiras. Todos o fixemos xenial e aprendimos moitas cousas uns dos outros compartindo os nosos traballos feitos despois de observar e analizar con moitísimo interés os cadros que nos asiñaron a cada grupo.
Saímos de alí e fomos para a Praza Compostela que está moi cerquiña do museo. Xogamos coas pombas e coas gaivotas, estivemos merendando e sacando fotos ao entorno e as árbores que ainda lucían as cálidas cores do Outono.
E xa para rematar deixámosvos co vídeo do que foi …
O pasado venres veu ao colexio Diego Santomé a falarnos da PUBLICIDADE . Ensinounos como se fai un anuncio publicitario, explicounos moi ben todos os pasos que hai que seguir e moitos aspectos que hai que ter en conta para conseguir que o noso anuncio cumpla o seu propósito: chegar ao público.
Xa estamos en Sexto con novas e interesantísimas expectativas, con novos proxectos e moitísimas experiencias que compartir. Empezamos xa a percorrer o noso camiño ... e agora temos que facer unha pequenísima pausa porque ...
Unha vez máis, neste curso, disfrutamos coa nosa recreación da "Noite Estrelada". Viaxamos ata New York e, con entusiasmo e moita imaxinación, paseamos polas rúas da cidade ata chegar ao MoMA.
Atraídos pola luz, as cores, as estrelas, a lúa, o ciprés, ... démoslle vida á famosa "Noite Estrelada" de Van Gogh.
Algúns pais fixeron vídeos da nosa actuación. Podedes velos nos seguintes enlaces:
O martes, 23 de abril, saímos das aulas rumbo a Pontevedra. A nosa primeira visita foi á Facultade de Belas Artes. Alí coñecimos as instalacións e puidemos ver como traballaban os futuros artistas. Utilizan todo tipo de materiais: plásticos, madeira, metal, pedra.... Foron moi amables con nós, tanto os profes como os alumnos/as, que nos foron ensinando as obras que estaban a realizar neses momentos e explicáronnos que materiais, máquinas e ferramentas utilizaban para a creación das súas obras.
Camiñando polo casco vello e monumental de Pontevedra atopamos a escultura de Valle- Inclán, que está na praza de Méndez Núñez, e alí retratámonos xunto a el antes de seguir o noso camiño ata o Museo.
Pronto chegamos a un dos edificios do Museo de Pontevedra chamado Sexto Edificio.
Alí vimos unha exposición temporal feita polos profesores da Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Tamén vimos unha exposición permanente sobre Castelao.
Na exposición dos profesores da Facultade de Belas Artes vimos obras que expresaban distintas cousas como: unha mesa boca abaixo, un vídeo de xente en chamas escapando do inferno, dous espellos feitos con adhesivos vermellos, unha mesa de “póker” transformada nun bosque......
Das obras de Castelao gustóunos moito un mural dividido en tres partes e dixéronnos que Castelao o fixera para o Balneario de Mondariz, tamén vimos as caretas que fixo para unha obra de teatro e por último, algunhas das súas pertenzas.
E chegou o momento da comida. Alí no parque da Seca de Poio puidemos disfrutar dunha bonita paixase e dun encontro coa natureza. Tamén había un parque con columpios e un campo de fútbol. Xa os podedes imaxinar o ben que o pasamos.
Na sala de exposicións do Café Moderno visitamos e coñecimos a obra do pintor galego Deside.
A súa obra é practicamente descoñecida en Galicia e, non obstante, trátase do máis auténtico informalismo que mestura poesía, equilibrio, esgazadura e alma.
Ramón Deside, Marín (Pontevedra) 1935
As obras de Deside son intemporais porque non falan dun momento concreto, senón da propia alma do artista, non son obras que se cingan a unha moda pasaxeira, senón que, máis ben, responden ao compromiso do seu autor coa arte.
Paisaxes e bodegóns dentro dunha estética complexa cunha influencia fundamental da abstracción. Deside é un artista autodidacta que residiu longo tempo en Cataluña, onde recibiu unha importante influencia de artistas non figurativos.
É un dos pintores máis puros do informalismo en cuxos cadros o brutal e o anxélico son inseparable. Pintura sen ningunha referencia ao concreto, de pura mancha ata elevacións e saíntes nos cadros. Pintura de berro e alegría. Reprimenda e lírica a un tempo. Son ideas feitas cor nas que todos os tons son posibles e nos que o negro adoita ser o dono e señor do resultado. Cultivador do que se chegou a chamar o expresionismo abstracto.
O proxecto deste curso vai de "Museos e grandes cidades".
Nós, @s alumn@s de quinto, comezamos a estudar un dos máis importantes museos da arte contemporánea do mundo, o MoMA, que atópase en New York.
Investigamos ... e alí descubrimos a Van Gogh e a súa gran obra "A Noite Estrelada".
Na clase de Plástica, debuxamos, pintamos, coloreamos, ... e fixemos as nosas propias interpretacións e reproducións da obra do mestre impresionista, VAN GOGH.
"A Noite Estrelada" é unha peza mestra do pintor holandés Vincent van Gogh. A diferenza de moitas das súas obras, "A noite estrelada" foi pintada de memoria e non á vista da correspondente paisaxe como era o seu costume. Cando Vincet creou esta obra encontrábase recluído no manicomio de Saint-Rémy en 1889, dise que a pintura mostra as imaxes do pouco que podía ver dende a súa ventá.
O Museo de Arte Moderna (Museum of Modern Art), máis coñecido como MoMA, está situado en Manhattan, na cidade de Nova York, na rúa 53, entre a quinta e a sexta avenidas. É considerado o principal museo de arte moderna no mundo. A súa colección inclúe traballos de arquitectura e deseño, debuxo, pintura, escultura, fotografía, gravados, libros ilustrados, filmes, e medios electrónicos.
A biblioteca e os arquivos do MoMA dan abeiro a uns 300 mil libros e periódicos, así como a arquivos individuais de máis de 70 mil artistas. Os arquivos conteñen principalmente material relacionado coa historia da arte moderna e contemporánea.
O MoMA complementa ao veciño Museo Metropolitano da Arte, é as veces considerado un museo irmán, aínda que é un museo de arte xeral, onde a arte moderna é tan só unha area de especialización.