jueves, 2 de mayo de 2013

Arte, historia, artistas e ... natureza !!!




O martes, 23 de abril, saímos das aulas rumbo a Pontevedra. 
A nosa primeira visita foi á Facultade de Belas Artes. Alí coñecimos as instalacións e puidemos ver como traballaban os futuros artistas. Utilizan todo tipo de materiais: plásticos, madeira, metal, pedra.... Foron moi amables con nós, tanto os profes como os alumnos/as, que nos foron ensinando as obras que estaban a realizar neses momentos e explicáronnos que materiais, máquinas e ferramentas utilizaban para a creación das súas obras.








Camiñando polo casco vello e monumental de Pontevedra atopamos a escultura de Valle- Inclán, que está na praza de Méndez Núñez, e alí retratámonos xunto a el antes de seguir o noso camiño ata o Museo.







Pronto chegamos a un dos edificios do Museo de Pontevedra chamado Sexto Edificio.
Alí vimos unha exposición temporal feita polos profesores da Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Tamén vimos unha exposición permanente sobre Castelao.

Na exposición dos profesores da Facultade de Belas Artes vimos obras que expresaban distintas cousas como: unha mesa boca abaixo, un vídeo de xente en chamas escapando do inferno, dous espellos feitos con adhesivos vermellos, unha mesa de “póker” transformada nun bosque......

Das obras de Castelao gustóunos moito un mural dividido en tres partes  e  dixéronnos que Castelao o fixera para o Balneario de Mondariz, tamén vimos as caretas que fixo para unha obra de teatro e por último, algunhas das súas pertenzas.







E chegou o momento da comida. Alí no parque da Seca de Poio puidemos disfrutar dunha bonita paixase e dun encontro coa natureza. Tamén había un parque con columpios e un campo de fútbol. Xa os podedes imaxinar o ben que o pasamos.







O nosa última visita, pola tarde, foi ao Mosteiro de Poio
Un encontro coa historia e a cultura.